Oficina CEER
 18-05-2015
A UDC ORGANIZA VARIOS EVENTOS DEPORTIVOS PARA CELEBRAR O 25 ANIVERSARIO

A vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez, presentará este luns, 18 de maio, en rolda de prensa, catro iniciativas que a Universidade da Coruña prepara no ámbito de Deportes para celebrar o 25 aniversario da institución académica.

O acto terá lugar na Sala de Prensa da Reitoría ás 12:00 horas. Xunto coa vicerreitora estará o director de Deportes da UDC, Juan Fernández. As citas programadas inclúen un torneo de ximnasia deportiva, un torneo de golf, unha ruta de bicicleta de montaña e unha carreira popular de 10 quilómetros.

Fonte: udc.es