Oficina CEER
 11-03-2008
A Vicerreitoría de Cultura da USC anuncia as actividades culturais para a segunda semana do mes de marzo

A Universidade de Santiago de Compostela, mediante a Vicerreitoría de Cultura, presenta a súa programación cultural para a segunda semana deste mes de marzo. Entre as actividades anunciadas inclúense as seguintes:

- Estreo da produción da compañía de teatro da Aula de Teatro da USC As Raíñas, de Werner Schwab (adaptación literaria do seu texto As Presidentas), baixo dirección de Roberto Salgueiro. Martes, día 11 de marzo, no Teatro Principal de Santiago, ás 21:00 horas. Entrada libre previo paso polo despacho de billetes, que estará aberto desde as 18:00 horas.

- Conferencia: Cando as Matemáticas fan cine , a cargo do profesor Luis Hueso Montón, catedrático de Historia do Cine da USC. Actividade complementaria á exposición Dos ábacos aos computadores. Mércores, día 12 de marzo ás 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.

- Inauguración da exposición Cartaces de cine de Checoslovaquia. 1960-1989 . Un percorrido, con pezas orixinais, por tres décadas de historia de cartaces cinematográficos checoslovacos. Xoves, día 13 de marzo ás 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Información.

Para máis información pode consultar o seguinte enderezo electrónico:http://www.usc.es/cultura/axenda.htm