Oficina CEER
 12-03-2008
Xornada Técnica de Axudas I+D+I 2008

Ante a inminente convocatoria das axudas de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria, dotadas con preto de 110 millóns de euros, este encontro pretende optimizar e incrementar a participación dos axentes públicos e privados galegos nelas. O acto terá lugar o vindeiro 26 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

Os posibles destinatarios da xornada son todos os axentes do Sistema Galego de I+D+i, tales como:
- Sector empresarial (microempresas, PEMES, grandes empresas, agrupacións empresariais, empresas públicas, clústers empresariais, organismos de intermediación e representación empresarial, etc.)
- Centros tecnolóxicos
- Parques Científico-Tecnolóxicos
- Sistema Público (universidades, Organismos Públicos de Investigación, Entes e Centros Públicos de Investigación)
- Investigadores e tecnólogos, grupos de investigación
- Institucións sen fin de lucro
- Persoas físicas

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Máis información