Oficina CEER
 06-07-2015
A UDC OFRECE HORTAS NO CAMPUS PARA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña abre a partir de mañá o prazo de presentación de solicitudes para as hortas comunitarias ata o 17 de xullo para o seu uso polo estudantado e o persoal.

A UDC dispón de 28 parcelas de 20 metros cadrados cada unha nun espazo habilitado enfronte á Facultade de Economía e Empresa. Tendo en conta a actual situación de uso das parcelas e as baixas existentes, ofrécense como mínimo nove parcelas ao estudantado e cinco ao colectivo do persoal. Poderán solicitalas calquera membro da comunidade universitaria que estea capacitado para cultivar un pequeno horto sen que isto supoño risco para a súa saúde. Os adxudicatarios deberán aboar unha taxa anual de 70 euros no caso do persoal da UDC e de 30 euros para o colectivo de estudantes.

As persoas adxudicatarias poderán comezar o inicio da súa actividade nas hortas da Universidade na segunda quincena de setembro e gozarán delas ao longo de todo o curso.

Máis información: http://www.udc.gal/sociedade/medio_ambiente/hortas/hortasc.html

Fonte: www.udc.es