Oficina CEER
 08-07-2015
ÚLTIMAS PRAZAS PARA AS XORNADAS QUE ABORDARÁN O PATRIMONIO MUNDIAL DA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal organizará na segunda quincena do mes de xullo un curso dedicado ao patrimonio mundial que se pode atopar nesta rexión e que se celebrará entre os días 13 e 16 na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.

Entre os temas que se abordarán atópanse a relación entre patrimonio mundial e cidade histórica, a valorización do patrimonio cultural en perspectiva económica, o papel e importancia das comunidades locais na candidatura e xestión de lugares patrimonio mundial ou as estratexias conxuntas no espazo Galicia-Norte Portugal para a promoción e dinamización do patrimonio mediante as tecnoloxías da información e as comunicacións.

Pódes facer a túa inscripción, ate chegar ao límite de prazas na propia sede do curso, na Escola de Ciencias Humanas e Sociais da UTAD