Oficina CEER
 25-03-2008
10 KM Cidade Universitaria 2008

O vindeiro domingo 30 de marzo o campus universitario de Vigo acollerá a segunda edición da carreira 10 Km Cidade Universitaria, unha proba que o ano pasado contou coa participación de preto de 350 deportistas federados, universitarios e populares.

A carreira é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo en colaboración coa Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo e o Comesaña Sporting Club, e se desenvolverá, como o pasado ano, no contorno do campus vigués. Constará dunha cola de saída de 213 m, unha volta a un circuíto de 661 m e dúas voltas a un circuíto de 4.563 m, para facer o total de 10 km.

Inscricións
A inscrición é libre para todos os nacidos en 1990 ou anos anteriores e deberá efectuarse exclusivamente no sitio web: www.championchipnorte.com.

O prazo de inscrición remata o martes 25 de marzo ás 14.00 h. Non se admitirán inscricións fora de prazo.

Premios
400 €, 300 € e 200 € para os primeiros da clasificación xeral e trofeos para os primeiros das categorías estalecidas. Además, todos os inscritos que participen na proba recibirán unha camiseta técnica como agasallo.