Oficina CEER
 15-09-2015
ANALIZARÁN NA USC O PAPEL DA XUVENTUDE EN RELACIÓN COS DEREITOS HUMANOS

O I Simposio científico internacional sobre Dereitos Humanos terá lugar os días 7 e 8 de outubro na facultade de Dereito.

A Facultade de Dereito da USC acollerá os vindeiros días 7 e 8 de outubro o I Simposio científico internacional sobre Dereitos Humanos, no que se estudará o papel da xuventude neste ámbito e cos dereitos fundamentais.

O congreso está organizado polo Grupo Informal Xuristas en Acción coordinado polo investigador Rubén Miranda Gonçalves, doutorando en Dereito Administrativo na Facultade de Dereito, no marco do programa xuvenil Iniciativa Xove 2015 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean sensibilizados cos dereitos humanos e fundamentais poden participar no encontro achegando traballos orixinais e inéditos sempre que teñan un carácter científico e sexan aprobados polo comité científico. Cos mellores traballos seleccionados por un experto comité científico nacional e internacional formado por doutores e doutorandos comprendidos entre 25-30 anos, publicarase unha obra colectiva totalmente gratuíta.

Fonte: xornal.usc.es