Oficina CEER
 22-09-2015
A UDC ACOLLE UN CURSO DE CREACIÓN DE EMPRESAS

A Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura da Universidade da Coruña organiza o “Curso de iniciativa emprendedora. Proceso de creación de empresas” do 29 de setembro ao 16 de outubro.

Esta iniciativa está destinada a alumnado de Grao, Mestrado, Doutoramento e titulados pola UDC. Ten como obxectivo amosar alternativas de emprego e desenvolver o potencial creador do estudantado. A inscrición é gratuíta e o prazo para apuntarse remata o 24 deste mes.

O curso está promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e será impartido pola Escola de Organización Industrial. A Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura organiza outra edición deste curso para o Campus da Coruña no mes de novembro.

Máis información:
http://www.eoi.es/es/cursos/18063/iniciativa-emprendedora-ferrol-universidade-da-coruna