Oficina CEER
 26-01-2016
LITIXIOS, COSMÉTICOS E SEXO DE CINE NA NOVA NERDNITE DESTE MÉRCORES

Este mércores 27 terá lugar unha nova NerdNite SCQ no Café Casino (Rúa do Vilar, 35) na que, como é habitual, se tratarán tres suxestivos temas.

A partir das 21.30 horas o avogado Carlos Feijoo Nóvoa falará da estupidez no litixio xurídico e a profesora do Departamento de Química Analítica da USC, Carmen García Jares, impartirá a charla ‘Cosméticos: amigos perigosos’. A xornada rematará con sexo de cine, o tema que tratará a psicóloga sanitaria e sexóloga fundadora de Con mucho gusto.

Fonte: xornal.usc.es