Oficina CEER
 09-05-2016
CONVITE ÁS I XORNADAS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS DA EURORREXIÓN

O próximo día 14 celebrarase en Vila Real (Portugal) o evento “Música e Movimento Partilhados/Música e Movemento Partillados”, iniciativa cultural que comprenderá creación artísticas de todas as Universidades públicas de Galicia e o Norte de Portugal (Universidades de A Coruña, Porto, Minho, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo).

O espectáculo comezará pola mañá nas rúas da cidade e continuará a partir das 16:00 no Teatro de Vila Real, nun evento aberto ao público que constará de danza, teatro, coro, percusión, orquesta de cámara e música rock.

Estades todos convidados!

(ver programa en anexo)

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa