Oficina CEER
 06-06-2016
I XORNADA DE TRANSFERENCIA DE I+D NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

O próximo 7 de xuño terá lugar no Salón Nobre da Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela a “I Xornada de Transferencia de I+D+I nas universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. A xornada é organizada pola Fundación de Estudos Eurorrexionales Galicia-Norte de Portugal (CEER).

O obxectivo desta xornada é poñer en contacto as universidades e as empresas para fomentar la transferencia de I+D+i na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Na mesma participarán representantes das Áreas Técnicas de Transferencia de I+D+i das Universidades de A Coruña, Vigo, Santiago, Oporto, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro. Tamén, asistirán representantes de empresas y asociacións da Eurorrexión, entre elas a Asociación Industrial do Minho, a Asociación Empresarial de Portugal, o Grupo Rodman e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

A inauguración estará a cargo da Sra. Almudena Hospido, Vicerreitora de Internalización da Universidade de Santiago de Compostela e do Sr. Rubén C. Lois González, Director da Fundación CEER. A clausura será realizada polo Sr. Jesús Asorey Carril, Presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o Sr. José Alberto Vieira Rio Fernandes, Secretario Xeral do CEER.

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa