Oficina CEER
 13-06-2016
II JORNADAS DE PSICOLOGÍA EDUCATIVA

O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer algunhas liñas de traballo en psicoloxía e educación que están desenvolvendo outros grupos de investigación e que teñen relación coas áreas de investigación do GIPED. Para elo cóntase coa participación de varios ponentes que están investigando en diversas temáticas que son consideradas de gran relevancia e proxección no eido da psicoloxía e a educación.

As xornadas están dirixidas especialmente ao alumnado das titulacións de psicoloxía e educación, tanto de graos como de mestrados, e tamén aos distintos profesionais que desenvolven a súa labor en centros e institucións educativas.

Datas: 6 e 7 de xullo de 2016
Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña
Organiza: Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED)

Fonte: http://www.udc.es