Oficina CEER
 17-06-2016
PLATAFORMA DE GRUPOS DE INVESTIGACIÓN E EMPRESAS NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
Temos o pracer de informar que dende a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), poñemos a súa disposición unha plataforma dixital para promover a colaboración e o contacto entre as universidades e as empresas da Eurorrexión a ámbolos lados da fronteira. Esta iniciativa forma parte dun proxecto financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para impulsar a transferencia de investigación no Sistema Universitario Galego.

Para a creación desta plataforma foron seleccionados grupos de investigación e empresas da Eurorrexión que traballan nas áreas establecidas pola Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteriza (RIS3T) e o Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión.

A plataforma ofrece información dos grupos e empresas divididos nas 7 áreas estratéxicas da Eurorrexión.

Está dispoñible na web da Fundación CEER (www.fceer.org).