Oficina CEER
 05-09-2016
AS UNIVERSIDADES GALEGAS INICIAN O CURSO 2016-2017 CUN ACTO CONXUNTO NA USC O VENRES 9

O curso 2016-2017 no Sistema Universitario Galego comezará o vindeiro venres 9 de setembro coa celebración do acto inaugural conxunto das tres universidades galegas. A sesión comezará ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e nel está previsto que a lección inaugural a pronuncie o catedrático de Lingua Española Alexandre Veiga, para falar sobre ‘O labor dos copistas dun texto poético de Clerecía’.

A do próximo día 9 será unha xornada non lectiva na USC, se ben manterán a súa normal actividade e horarios de atención ao público as Unidades de Xestión Académica (UXA) do Campus Norte, de Campus Vida e do Campus de Lugo, así como o Servizo de Xestión Académica e a Oficina de Información Universitaria.

Fonte: xornal.usc.es