O próximos días 21 e 22 de novembro se celebraran os XXX Xogos Galaico Durienses na cidade de Braga.
As modalidades deportivas son:
Voleibol,balonmán escalada e bowling.
Os Xogos Deportivos Universitarios Galaico - Durienses, nos que colabora a Fundación CEER, son organizados dende 1993 en diferentes localidades da Eurorrexión Galiza - Norte de Portugal. Disputados polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Porto, abranguen competicións mixtas de diferentes deportes.
Con 30 anos de experiencia, teñen mobilizado a máis de 8.000 estudantes, e teñen dado lugar á "Declaración de Vila Nova de Cerveira/Tomiño. Deporte Universitario na Eurorrexión. Orientacións e principais desafíos en torno da Estratexia Europa 2020", asinada polas seis Universidade participantes.
Estes xogos concíbense coma unha sorte de vehículo que permite o coñecemento mutuo, a convivencia e o traballo colaborativo entre as Universidades e organismos públicos integrantes da Eurorrexión. Ao tempo que son o aliciente para que as equipas universitarias adestren con intensidade e adicación ao longo do ano para tentar mellorar as posicións de edicións anteriores, co espírito de entrega e superación que caracteriza a estas competicións.
Fonte: xornal.usc.es