Oficina CEER
 16-01-2017
ESTRUTURA DO PROGRAMA DE ESTUDO DO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN/ ESPECIALISTA EN “A RENDIBILIDADE EMPRESARIAL DA RSC/E”/ “Valorização da RS”

Duración: 22 ECTS/ Créditos de libre elección , semipresenciais. Contarase co apoio de soporte virtual na modalidade de ensinanza de b-learning. O soporte virtual estará aloxado na páxina web da Fundación CEER (www.fceer.org). Será obrigatoria a asistencia presencial aos seminarios programados, sendo obrigatorio asistir cando menos ao 75% horas de formación presencial. Para facilitar a asistencia ás clases presenciais as universidades onde esta non se imparta habilitarán sistemas de videoconferencia nun dos seus Campus para que o alumnado poida seguila.

Idiomas de traballo: Portugués, Galego, Castelán, Inglés.

Obxectivo xeral: O obxectivo xeral do curso é que os participantes adquiran as competencias (coñecementos, habilidades e actitudes para xestionar clientes e actividades precisas RSC/E nas súas diversas áreas de negocio e modalidades empresariais). Para iso aportaranse os coñecementos necesarios e as ferramentas axeitadas para facer rendibles os resultados na súa organización/empresa. Tratarase de optimizar a competitividade a través da xestión estratéxica ideal de RSC/E de xeito que xeren vantaxes para a empresa, ademais de que socialmente se aporte o valor engadido de converterse en firmas socialmente responsables, sostibles e respectuosas co Medio Ambiente.

Obxectivos específicos:
• Formar a futuros profesionais responsables das áreas relacionadas RSC/E.
• Asesorar nesta disciplina ás empresas e organizacións, proporcionándolles información específica dos principios, fundamentos e metodoloxía RSC/E. O fin é instruír na adopción de modelos de xestión baseados na promoción de boas prácticas de xestión. A adquisición deste coñecemento enfocarase ao desenvolvemento de RSC/E como un elemento de rendibilidade e valor engadido nos procesos intrínsecos da empresa.
• Ensinar e asesorar metodoloxías de xestión de información e divulgación da RSC/E, a posta en marcha e desenvolvemento de RSC/E e a súa xestión estratéxica. Tratarase de desenvolver, proxectar e implantar plans estratéxicos de RSC/E.
• Concibir a RSC/E como parte fundamental da planificación estratéxica empresarial e da estrutura organizativa da empresa.

Máis información no anexo.

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Estrutura curso