Oficina CEER
 27-03-2006
CONVOCATORIA PÚBLICA DUNHA BOLSA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O APOIO E COLABORACIÓN CO COMITÉ DE AUTOAVALIACIÓN DA TITULACIÓN DE SOCIOLOXÍA

A Facultade de Socioloxía, convoca unha bolsa para apoio e colaboración co Comité de Autoavaliación da titulación de Licenciado en Socioloxía da Universidade da Coruña. O obxecto desta convocatoria é a adxudicación dunha bolsa para apoio e colaboración nas tarefas que realiza o Comité de Autoavaliación da Titulación de Licenciado en Socioloxía, dentro do Plano de Avaliación Institucional que se está a levar no centro.

As persoas aspirantes a estas bolsas deberán ser estudantes da Universidade da Coruña, con matrícula na Licenciatura de Socioloxía.

O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre os días 25 e 30 de marzo de 2006, ata as 14.00 horas. As solicitudes presentaranse na secretaría do Decanato da Facultade de Socioloxía (Campus de Elviña).