Oficina CEER
 17-02-2017
A UDC ACOLLE AS XORNADAS GALAICO DURIENSES DE DEPORTE

A Aula Náutica da Universidade da Coruña acolleu o 15 e 16 de febreiro as Xornadas técnicas de deporte universitario Galaico Durienses coa participación dos técnicos de deporte das universidades galegas e do norte de Portugal.

Ao longo das dúas xornadas os asistentes actualizaron os seus coñecementos en xestión deportiva universitaria baixo o paraugas dun encontro titulado “Os servizos deportivos universitarios na actualidade”. Asistiron representantes das universidades de Santiago de Compostela, Vigo, do Minho, Porto e de Trás os Montes e Alto Douro, ademais da Coruña, así como a Fundación CEER.

Fonte: www.udc.es