Oficina CEER
 24-02-2017
AS ELECCIÓNS Á DIRECCIÓN DOS NOVOS DEPARTAMENTOS NA UDC SERÁN O 28 DE MARZO

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, explicou esta mañá aos medios de comunicación os asuntos debatidos no Consello de Goberno do mes de febreiro. Da orde do día, o reitor comentou que se informou favorablemente a proposta do cambio de nome da titulación oficial da ETS de Náutica e Máquinas do Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo que pasa a ser Grao en Náutica e Transporte Marítimo por resolución xudicial. Ademais aprobouse o procedemento de admisión á UDC no curso 2017/2018, cunha nova normativa que afecta aos estudantes de segundo de bacharelato que establece a ponderación das materias para facer o cálculo das notas de acceso. Esta nova normativa, que cambia o mínimo con respecto á anterior, é a mesma en todo o Sistema Universitario Galego.

Ademais dos asuntos tratados na orde do día, os membros do Consello de Goberno trataron o tema das pasadas eleccións a órganos colexiados celebradas o día 9 de febreiro. Elixíronse, en Xuntas de Centro, representantes de:

- Profesorado sen vinculación permanente á UDC e persoal investigador e en formación que colabora na docencia
- Estudantado
- Persoal de Administración e Servizos
E representantes nos Consellos de Departamento:
- Profesorado a tempo parcial, persoal investigador en formación con carga docente e lectores integrados no departamento
- Estudantado
- Persoal de Administración e Servizos
Tamén se elixiron representantes do Estudantado no Claustro.

Segundo o calendario electoral, xa son candidatos definitivos, polo que agora están convocadas as eleccións para a dirección de centros e departamentos. O reitor informou da resolución xudicial que denegou a suspensión cautelar das eleccións a órganos colexiados, pedida con tres recursos en dous xulgados e denegada en ambos os dous xulgados, polo que o proceso segue adiante. Os departamentos terán a xornada electoral o vindeiro 28 de marzo, mentres que nos centros en que se elixa nova dirección as eleccións serán entre o 3 e o 7 de abril. v
Máis información sobre as eleccións: https://goo.gl/9uVagD

Fonte: www.udc.es