A Facultade de Economía e Empresa acollerá o vindeiro 3 de marzo, ás 11:30h. o seminario sobre o futuro da política enerxética “A transición enerxética europea/mundial: unha visión desde Holanda”. Este seminario contará coa participación do consultor e experto internacional en políticas de enerxía, cambio climático e recursos naturais Stephan Slingerland.
Esta iniciativa está organizada polo Instituto de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e os grupos de investigación de Dereito Público Global e “Regulación, Economía e Finanzas”.
Fonte: www.udc.es