A EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL (AECT) PROMOVE 152 OFERTAS DE EMPREGO NO SECTOR TIC
O 5º job day terá lugar o 2 de maio, na escola de enxeñería da Universidade do Miño, Guimarães.
Empresarios e desempregados do sector TIC protagonizarán o próximo JOB DAY da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), que terá lugar o próximo 2 de maio en Guimarães. Dedicado ao sector TIC, a quinta edición do Job Day transfronteirizo procura promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión. Habilitaránse espazos para entrevistas e contratacións, xunto das empresas inscritas.
Esta edición é organizada en asociación coa Rede Eures Transfronteiriza, o Polo das Tecnoloxías de Información, Comunicación e Electrónica - TICE.PT, a ANETIE - Asociación Nacional das Empresas das Tecnoloxías de Información e Electrónica e o Cluster TIC Galicia, asociándose tambén á STARTPOINT@UM, unha iniciativa desenvolvida polo LIFTOFF LIFTOFF – Gabinete do Empreendedor e GIP – Gabinete de Inserção Profissional da Universidade da Minho, e que pretende proporcionar o contacto directo entre os mozos/adultos e o mercado de traballo, propiciando a divulgación de oportunidades, o desenvolvemento de competencias e o networking dos participantes.
Os obxectivos dos Job Day pasan sempre por fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza entre as empresas de distintos sectores de actividade. Dende o metal, a hostalaría e restauración, ao sector agroalimentario e forestal, o resultado tense traducido na contratación de máis de medio centenar de desempregados dos dous lados da fronteira.
Os interesados en participar no JOB DAY, envíen CV para: gnpaect@gnpaect.eu
A GNP, AECT facilitará transporte gratuíto dende Galicia a Guimarães para os demandantes transfronteirizos.