Oficina CEER
 26-04-2017
O CAMPUS DE FERROL CELEBRA O DÍA DA DANZA CUN ESPECTÁCULO EN ESTEIRO

Con motivo do Día Internacional da Danza, que se celebra o 29 de abril en todo o mundo, o Campus de Ferrol acollerá mañá en Esteiro, unha actuación dos grupos de danza contemporánea da Universidade da Coruña, da Coruña e Ferrol.

A partir das 13:00 horas, actuarán o Grupo de Danza "Normal", con Clásicos Max Mix, e o Grupo de Danza de Ferrol, con Punto de Partida.

A actuación será na praza diante da Facultade de Humanidades, entre o Centro Cultural Universitario e a Vicerreitoría do campus de Ferrol. Organiza a Área de Cultura de Ferrol, da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria.

Fonte: www.udc.es