Oficina CEER
 02-05-2017
CHARLA E ROTEIRO NOCTURNO SOBRE CONTAMINACIÓN LUMÍNICA A VINDEIRA SEMANA EN MATEMÁTICAS (USC)

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza o xoves, 4 de maio, unha actividade sobre contaminación lumínica que comezará ás 20.00 horas cunha charla na Facultade de Matemáticas na que se explicará a quen afecta e como, cal é a situación actual en Galicia e que se pode facer para reducila e consumir luz artificial de forma responsable.

A continuación farase un percorrido nocturno circular polo Campus Vida que partirá da mesma facultade e no que se observarán diferentes tipos de iluminación e problemáticas asociadas, ao tempo que se tomarán medidas do brillo do ceo.

A actividade, guiada pola Asociación Calidade do Ceo Nocturno, contou coa iniciativa dos bolseiros de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria e coa colaboración dos docentes da USC Josefina Ling e Profesor Salva Bará.

Fonte: xornal.usc.es

Archivos asociados a esta noticia: