Oficina CEER
 08-05-2017
PERSOAL ADMINISTRATIVO DE 17 UNIVERSIDADES EUROPEAS VISITA A UDC

Vinte traballadores de dezasete universidades europeas comezan hoxe unha estadía formativa na Universidade da Coruña, no que é a III Erasmus Staff Training Week, organizada pola Oficina de Relacións Internacionais.

O persoal administrativo de universidades de Moldavia, Romanía, Austria, Polonia, Alemaña, Portugal, Reino Unido, Lituania, República Checa, Italia e Eslovenia coñecerán ao longo desta semana a estrutura administrativa e académica da Universidade da Coruña e os distintos servizos que a integran, ademais de compartir experiencias entre todos os membros da Eramus Staff Week.

A directora da Oficina de Relacións Internacionais, Begoña Crespo, deulles a benvida esta mañá na Reitoría e abriu o programa de actividades que mañá se trasladará á Facultade de Economía e Empresa. Na xornada de mañá os visitantes coñecerán distintos servizos da UDC e haberá o debate “Dialogues on Internationalisation” coa profesora Ángela Llanos que falará sobre “English as a Medium of Instruction at home”. O mércores, trasladaranse ao Campus de Ferrol e o xoves continuarán na Facultade de Economía e Empresa os workshop “Internationalisation at home”. A semana pecharase o venres cunha visita á Casa Museo Picasso.

Fonte: www.udc.es