Oficina CEER
 10-05-2017
ALUMNOS DE ELECTRÓNICA E AUTOMÁTICA DA UDC, PREMIADOS NUN DESAFÍO DE ROBOTS

Os alumnos Pablo López e Antonio Regueira, estudantes do terceiro curso do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, na Escola Universitaria Politécnica, Campus de Ferrol, veñen de acadar dous premios nacionais no I Desafío ASTI Robotics que tivo lugar esta fin de semana en Burgos.

Os estudantes acadaron o Premio ao Mellor Robot como Produto e o Premio ao Mellor Equipo Universitario. O evento, que organiza a empresa ASTI, tivo lugar no Museo da Evolución Humana cunha asistencia de máis de 700 persoas e no que participaron 150 estudantes de 24 equipos, nos distintos niveis de competición, procedentes de toda España.

O premio consiste en bolsas e prácticas remuneradas en ASTI para os mellores participantes na categoría de mellor equipo Universidade e Formación Profesional. Os equipos con mellor rendemento e xestión do proxecto recibiron trofeos, medallas e certificación acreditativa.

Vídeo de presentación dos alumnos da UDC:
https://m.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=9cYbrwixFhk

Fonte: www.udc.es