Oficina CEER
 15-05-2017
UDC E NAVANTIA CREAN A CÁTEDRA COSME ÁLVAREZ DE LOS RÍOS

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, o director do Estaleiro Navantia Fene-Ferrol, Julio Martín Ramos, e Andrés Cachaza Abeal, responsable de Control Operativo de Programas de Navantia asinarán mañá, martes, 16 de maio, o convenio de creación da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol ás 11:00 horas.

A Cátedra, que ten como obxectivo principal promover a investigación e transferencia de coñecemento no ámbito da Enxeñaría Naval e Industrial, leva o nome do tenente Xeneral Cosme Álvarez de los Ríos y Anocete, responsable do inicio das obras do Arsenal e Estaleiro de Ferrol, a partir do ano 1750.

Ao acto de firma asistirán o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández, o director do Campus Industrial de Ferrol, Ginés Nicolás, o almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Francisco Javier Romero Caramelo, o director do Porto de Ferrol, Alejandro Rey; Fernando Lago Rodríguez, da Dirección de Enxeñaría e Innovación de Navantia e os directores das escolas politécnicas de Ferrol, Armando Yáñez, da EPS, e Andrés Piñón, da EUP.

Fonte: www.udc.es