Oficina CEER
 01-06-2017
A DIRECTORA DO CEXEF PRESENTA HOXE O LIBRO "POLÍTICAS PARA LA IGUALDAD"

A directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas, CEXEF, da Universidade da Coruña, a profesora de Socioloxía Rosa Cobo, presenta esta tarde o libro “Políticas para la igualdad” de Carmen Castro García, doutora en Economía e experta en economía feminista.

A presentación terá lugar ás 19:00 horas na Librería Berbiriana, na Cidade Vella da Coruña. Esta actividade enmárcase dentro das iniciativas do II Ciclo de conferencias Feminismo a grolos.

Fonte: www.udc.es