Oficina CEER
 05-06-2017
DESCONTO EN LIBRARÍAS PARA OS MEMBROS DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA DA UDC

Convenio entre a Universidade da Coruña e a Federación de Libreiros de Galicia A Universidade da Coruña e a Federación de Libreiros de Galicia asinaron un convenio de colaboración que permitirá aplicarlles un 5% de desconto ás compras de libros e material de papelería aos membros da comunidade universitaria.

Será necesario presentar a tarxeta universitaria nas librarías integradas na Federación (as que figuran na listaxe).

Este convenio remata a súa vixencia o día 31 de decembro de 2017.

Listaxe de librarías:
http://www.udc.es/export/sites/udc/tiu/_galeria_down/descontos_librarias.pdf