Oficina CEER
 20-07-2017
PAISAXE E XESTIÓN INDUSTRIAL DE MODA, NOVOS GRAOS DA UDC NO CURSO 2018-2019

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou esta mañá a proposta de novos títulos para o curso 2018/2019. A UDC implantará nese curso os novos graos en Paisaxe e Xestión Industrial de Moda, segundo explicou o reitor, Julio Abalde, en comparencia ante os medios de comunicación.

Estas propostas teñen agora un proceso para definir os títulos que pasa primeiro pola aprobación da Xunta de Galicia e da Axencia Avaliadora. Ademais, na sesión desta mañá aprobouse así mesmo a oferta de novos títulos de mestrado. Así como a modificación dalgúns dos existentes, como se recolle nas listaxes que van máis abaixo. O Consello de Goberno apoiou tamén a creación dunha Asociación de Antigos Alumnos da Universidade da Coruña coa aprobación dun regulamento de egresados.

NOVOS TÍTULOS CURSO 2018/2019

GRAOS

• Grao en Paisaxe. Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Interuniversitario coa USC, coordina UDC.
• Grao en Xestión Industrial de Moda. Facultade de Humanidades e Documentación.

MESTRADOS

• Mestrado Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial. Escola Universitaria de Deseño Industrial.
• MU en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos. Escola Politécnica Superior.
• MU en Ciberseguridade. Facultade de Informática. Interuniversitario coa UVigo, coordina UVigo.
• MU en Produción Xornalística Audiovisual .Facultade de Ciencias da Comunicación.
• MU en Enxeñaría Aeronáutica. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Habilita para profesión regulada de Enxeñeiro Aeronáutico. OM CIN/312/2009, de 9 de febreiro.
• MU en Economía. Facultade de Economía e Empresa. Interuniversitario coa UVigo, coordina UVigo.
• MU en Biodiversidade Terrestre e Xestión do Medio Natural. Facultade de Ciencias. Interuniversitario coa USC e a UVigo, coordina USC.
• MU en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing. Facultade de Informática. Interuniversitario coa USC, coordina UDC. Acordo de dobre titulación co EISTI, Francia.

DOUTORAMENTOS

• Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana. Escola Internacional de Doutoramento da UDC e Facultade de Ciencias do Deporte. Interuniversitario con U. de León, U. de Extremadura. Coordina UDC.

MODIFICACIÓNS DE TÍTULOS CURSO 2018/2019:

GRAOS

• Grao en Enxeñaría Informática. Facultade de Informática. Modificacións derivadas do proceso de acreditación e outras.
• Grao en Turismo. CENP. Modificacións derivadas do proceso de acreditación e outras.

MESTRADOS

• MU en Enxeñaría Industrial. Escola Politécnica Superior. Substitúe ao anterior. Pasa de 90 a 120 créditos. Habilita para profesión reg
ulada de Enxeñeiro Industrial. OM CIN/311/2009, de 9 de febreiro. • MU en Enxeñaría Naval e Oceánica. Escola Politécnica Superior. Substitúe ao anterior. Pasa de 90 a 120 créditos. Habilita para profesión regulada de Enxeñeiro Naval e Oceánico. OM CIN/354/2009, de 9 de febreiro.
• MU en Xeoinformática. Facultade de Informática. Modificación do MU en Xeoinformática interuniversitario coa Uvigo, ao que se incorpora a USC. Coordina UVigo.
• MU en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria. Facultade de Ciencias da Educación. Substitúe ao MU en Didácticas Específicas. Interuniversitario coa USC e a UVigo, coordina UDC.
• MU en Políticas Sociais e Intervención Sociomunitaria. Facultade de Socioloxía. Modifica o anterior. Engádese o inglés como lingua de impartición do título. Inclusión de novas competencias transversais, propias da UDC e dunha nova competencia específica asociada á especialidade Migracións, entre outras variacións.

DOUTORAMENTO

• Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades. Escola Internacional de Doutoramento da UDC e Facultade de Humanidades e Documentación. Substitúe ao Programa Oficial de Doutoramento en Sociedade do Coñecemento: Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades.

Fonte: www.udc.es