Oficina CEER
 20-09-2017
A UDC ORGANIZA EN VIMIANZO UN CONGRESO SOBRE A EMIGRACIÓN NO RURAL DA UE

O Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais, Esomi – www.esomi.es, grupo de investigación da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña experto en materia de migracións, organiza o congreso internacional “Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da UE” en Vimianzo, do 4 ao 6 de outubro.

Este congreso internacional enmárcase no proxecto europeo ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility, pertencente ao programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural 2020.

O Concello de Vimianzo, líder do proxecto, quere rematar o proxecto que deu comezo en xaneiro de 2016 organizando este evento internacional que acolla aos diferentes actores sociais implicados nas migracións e promovendo a participación dos demais socios europeos (Polonia, Portugal, Reino Unido, Italia e Eslovaquia).

Fonte: www.udc.es