Oficina CEER
 25-09-2017
UDC E FUNDACIÓN PAIDEIA ORGANIZAN UNHA XORNADA SOBRE BIOTECNOLOXÍA VEXETAL

A Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e a Fundación Paideia organizan mañá, martes 26 de setembro a II Xornada sobre Biotecnoloxía Vexetal e a súa aplicación en estudos do medio ambiente. Esta xornada presenta as novas investigacións e tendencias en Biotecnoloxía Vexetal e as súas implicacións legais con relatorios de especialistas de centros de investigación universitarios da Universidade da Coruña, a Universidad de Murcia, do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia e do Centro Cultigar-Fundación Paideia.

A profesora María de los Ángeles Bernal Pita da Veiga abrirá a xornada na Fundación Paideia (praza María Pita) ás 18:00 horas. O programa seguirá cos relatores seguintes:

18:15h. A praga da polilla nas plantacións de patacas. Jesús Collar Urquijo, departamento de Fitopatoloxía – Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

19:00h. Cultigar; unha empresa baseada na biotecnoloxía vexetal. Margarita Fraga Ares, Fundación Paideia Galiza.

19:30h. Aspectos éticos legais na Biotecnoloxía. Viviana García Llerena, UDC.

20:00h. Alimentos saudables. María de los Ángeles Pedreño García, Universidad de Murcia.

Para asistir é preciso inscribirse en www.paideia.es/eventos. O aforo é limitado.

Fonte: udc.es