Oficina CEER
 13-03-2018
NOVA NERDNITE COA FORMACIÓN DO CORPO HUMANO, TOLKIEN E A FACTURA DA LUZ COMO TEMAS

O café Casino de Santiago acollerá este martes 13 unha nova sesión das NerdNites SCQ, unha iniciativa de divulgación de microcharlas sobre ciencia en espazos lúdicos.

Nesta ocasión, ás 13.30 horas contará coa participación do director do grupo de células nai en cancro e envellecemento do Idis, Manuel Collado, que impartirá a charla ‘Como se fai un corpo humano?’; o profesor do Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC, José María Miranda, con ‘ Tolkien e o Dereito’; e o doutorando do Departamento de Economía Aplicada da USC, Adrián Dios, con ‘ Descifrando un gran misterio do noso tempo: a factura da luz’.

Fonte: xornal.usc.es