Oficina CEER
 10-04-2018
POPULISMO: VERDADE OU LENDA URBANA? NOS "ENCONTROS DE LÚA CHEA"

A profesora da área de Historia da USC Ana Cabana abrirá ás 20.00 horas un foro de debate no que intervirá Antón Losada Trabada, profesor da área de Ciencia Política.

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de encontros informais organizados polo colectivo Proxéctate en Galego para divulgar contidos académicos transversais de interese xeral ou de actualidade universitaria, tratarán este mércores 11 de marzo, na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, a cuestión do populismo.

A sesión, de acceso libre e de balde para todo o público interesados, desenvolverase a partir das 20.00 horas baixo o título ‘Populismo, verdade ou lenda urbana’. A profesora da área de Historia Contemporánea da USC no campus de Lugo Ana Cabana Iglesias situará a temática da sesión, ao tempo que presentará ao tamén docente da USC Antón Losada Trabada, profesor da área de Ciencia Política e da Administración, quen afondará sobre esta temática.

Fonte: xornal.usc.es