Oficina CEER
 12-04-2018
PRESENTACIÓN DO NOVO GRAO EN XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA DA UDC

A Sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol acollerá mañá, xoves, 12 de abril, ás 11:00 horas a rolda de prensa de presentación do novo Grao en Xestión Industrial da Moda que comezará a impartirse na Universidade da Coruña o próximo curso.

Na presentación, estará a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente da UDC, Nancy Vázquez; o director do Campus Industrial de Ferrol, Ginés Nicolás, o vicedecano da Facultade de Humanidades e Documentación, Miguel Rodríguez Luaces, e a profesora coordinadora do grao, Marta Rey. O Grao en Xestión Industrial da Moda, polo seu innovador e ambicioso plan formativo, é único en todo o sistema universitario español.

Fonte: www.udc.es