Oficina CEER
 13-04-2018
O REITOR, JULIO ABALDE, RECIBIU ESTA MAÑÁ A MAURO SILVA

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibiu esta mañá na Reitoría a visita do futbolista Mauro Silva, aproveitando a súa estadía na cidade e con motivo do Campus Mauro Silva que organiza a UDC desde hai 19 anos e que está dirixido por Roberto Taibo.

O reitor agradeceu a Mauro Silva a súa presenza na UDC, que levantou unha altísima expectación mediática e de espontáneos que acudiron a oír ao futbolista e a fotografarse con el e manifestou a disposición da Universidade ante calquera colaboración con Mauro Silva. Abalde aproveitou para agradecer tamén o labor de Taibo ao fronte do Campus Mauro Silva.

Silva tamén tivo palabras de agradecemento para a Universidade por poñer en marcha este campus e polo seu labor ao longo dos 19 anos de traballo, aos que se sumou nesta edición o Club Deportivo. Mauro Silva lembrou o seu paso pola cidade na que viviu trece anos e declarouse “un coruñés máis”. “Teño a dobre nacionalidade e síntome un coruñés máis”. O futbolista defendeu o valor do deporte para a xente moza ao asegurar que “o fútbol é un medio e non un fin. Divertirse, gañar títulos se é posible e transmitir valores á xuventude. A unión de cultura e deporte é idela para formar mellores cidadáns”. Ante as preguntas dos numerosos medios sobre a situación actual do Deportivo, Mauro Silva confesou que “tiven a fortuna de vivir a época máis gloriosas do Deportivo e o que vexo agora é duro”. Manifestou que comparte con Seedorf visión de xogo e pediu máis apoio á afición nestes momentos. “A afición foi un dos motivos polos que nosoutros gañamos tantos títulos”. “O Deportivo interésame porque é parte da miña vida. O cariño da xente pola rúa, o recibimiento en Riazor, o nome dunha rúa... é un orgullo para min”, concluiu.

Fonte: www.udc.es