Ofincia CEER
 29-03-2006
I CONVOCATORIA DE DOAZÓN A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRODE MATERIAL INFORMÁTICO EN DESUSO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. TODO O MATERIAL DOADO ESTARÁ EQUIPADO CON PROGRAMAS DE SOFTWARE LIBRE E DISPORÁ DE ASESORAMENTO TÉNICO

Esta convocatoria ten por obxecto a doazón de material informático en desuso da Universidade de Vigo para Asociacións e outras Entidades sen Animo de Lucro.

A doazón deste material estará limitada á dispoñibilidade de existencias .

Todo o material doado estará equipado con programas de software libre (sistema operativo, conexión a Internet e aplicacións de ofimática), para o que se disporá de asesoramento, no referente á instalación e funcionamento destes programas, por parte da Asociación da Universidade de Vigo, GALPON (Grupo de Amigos de Linux da Provincia de Pontevedra).

Poderán ser solicitantes da convocatoria presentada pola Universidade de Vigo as entidades que reúnan unha serie de requisitos como é estar legalmente constituídas, carecer de fins de lucro e ter a súa sede nunha localidade das Provincias de Pontevedra ou Ourense.

As solicitudes serán presentadas nos Rexistros da Universidade de Vigo e dirixidas ó Vicerreitor de Extensión Universitaria e Estudantes da U Vigo, xunto cunha memoria das actividades realizadas pola entidade relacionadas co colectivo para o que se solicita a doazón.

Para todas aquelas organizacións interesadas en optar a este material informático o  prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 4 de abril de 2006 .

Para máis información, acudir ó centro OSIX –Área de Voluntariado e Participación no Edificio de Deportes, Campus de Lagoas-Marcosende. 36207 , Vigo. O teléfono de contacto é o 986 814060/4035., fax: 986-814061. (De luns a venres). Correo electrónico: osix@uvigo.es

 

descargar pdf