Oficina CEER
 18-06-2008
Presentación das Convocatorias 2009 de HEALTH e KBBE do VII Programa Cadro da UE

O evento contará coa participación dos Puntos Nacionais de Contacto (NCPs), Marta Gómez, do CDTI, e Pilar Castro, do INIA, que falarán do financiamento de proxectos europeos no eido da saúde e da alimentación. Tamén participarán expertos do sistema galego de I+D+i que contarán as súas experiencias en proxectos europeos.

Asimesmo, pola mañá ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas cos NCPs para a revisión de propostas. As entidades interesadas terán que enviar un resumo da mesma no formulario achegado a promocion@opidi.org, antes do venres 20 de xuño.

Todos aqueles interesados poden atopar o programa da xornada e o boletín de inscrición no arquivo achegado. Data límite de inscrición: 24 de xuño. (aforo limitado)