A Universidade da Coruña festexa as Letras Galegas o vindeiro luns, 14 de maio, cun Faladoiro Musical coa artista SES. Será no Paraninfo da Reitoría ás 19:00 horas, aberto a todo o público ata completar aforo.
Con máis de dez anos de traxectoria, María Xosé Silvar, SES, é na actualidade unha das cantantes galegas máis recoñecidas, fóra e dentro de Galicia. Entre outras, cancións como «Tempestades de Sal» ou «Milonga de aquí» son xa himnos para a moita xente que segue esta muller, comprometida co seu tempo e o seu país. Mais para alén de artista, María Xosé Silvar é tamén graduada en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña e en Antropoloxía Social pola UNED.
Fonte: www.udc.es