Oficina CEER
 22-05-2018
40 UNIVERSIDADES PARTICIPAN EN FERROL NO ENCONTRO DE UNIDADES DE IGUALDADE

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, e a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, Ana Jesús López, presentarán en rolda de prensa na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, mañá, hoxe, 22 de maio, ás 12:30 horas, o XI Encontro das Unidades de Igualdade das Universidades Españolas.

Máis de 60 persoas de 38 universidades españolas participarán neste encontro que terá lugar no Campus de Ferrol os días 24 e 25 deste mes. Ao acto de inauguración, o xoves, 24 ás 9:30 horas, asistirá Ana Puy, directora da Unidade de Muller e Ciencia do MINECO, Susana López Abella, secretaria Xeral da Igualdade da Xunta, e Jorge Suárez, alcalde de Ferrol. Fonte: www.udc.es