Oficina CEER
 23-05-2018
CULTURA DA UDC ORGANIZA RUTAS POLA CIDADE INVISIBLE, CON XURXO SOUTO

A área de Cultura da Universidade da Coruña, dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Cultura, organiza a iniciativa “Rutas pola cidade invisible” con Xurxo Souto de guía do “universo coruñento”.

Esta iniciativa, aberta a calquera interesado, pretende descubrir historias da cidade que non se ve na rutas turísticas. A primeira será este domingo, 27 de maio: Tras as pegadas do antigo gremio de mareantes; a saída será da rúa Pórtico de San Andrés, diante da igrexa castrense ás 11:00 horas.

A seguinte será o domingo 10 de xuño: Os Castros, onde nace o sol da Coruña, con saída da rúa Río Monelos, diante da entrada do Fórum Metropolitano ás 11:00h. Para finalizar o domingo 8 de xullo con Agra do Orzán, Hong Kong galego, coa saída desde a praza das Conchiñas, tamén ás 11h. As rutas son de balde pero precísase inscrición en normal.comunicacion@udc.gal ata completar un máximo de 25 persoas por ruta.

Fonte: www.udc.es