Oficina CEER
 05-06-2018
NORMAL ACOLLE UNHAS CONFERENCIAS SOBRE OS REFUXIADOS

O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, acolle mañá dúas conferencias organizadas ao fío da exposición actualmente en vigor Éxodo.

Previamente ás conferencias, ás 18:00 horas, haberá unha visita guiada pola exposición. Ás 19:00h. na sala Cubo, intervirá Ramón Grosfoguel, da Universidade de California, para falar de “refuxiados, inmigrantes e suxeitos etno-raciais do Imperio”. Unha hora despois, Marcos Sorrentino e Simone Portugal, da Universidade de Sao Paulo, impartirán a conferencia “Refuxiados no propio país: mudar o sistema, non mudar o clima”.

As conferencias continuarán o día 20 de xuño con “Rohingya: unha limpeza étnica de manual”, a cargo de Ari Chas, documentalista. A exposición Éxodo con fotografías de Gabriel Tizón, comisariada por Patricia Muñiz, Cristina Botana e Rocío Botana, pode verse no horario habitual de apertura ata o 26 de xullo. Está organizada por NORMAL en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.

Fonte: www.udc.es