Oficina CEER
 26-06-2018
CONVOCATORIA DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN 2018

A creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación, como instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

Quen pode solicitar estas axudas?

As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, excepcionalmente dúas, que constitúan unha unidade mixta de investigación.

No marco desta convocatoria consideraranse organismos de investigación:

Os Centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
As Universidades do sistema universitario galego
Os Centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas
Os Centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía
As Fundacións de investigación sanitaria de Galicia
Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes.

Máis información en: https://www.udc.es/gl/novas/Convocatoria-de-Unidades-Mixtas-de-Investigacion-2018/