Oficina CEER
 29-06-2018
O PADROADO DO CEER REUNIUSE ONTE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Os Reitores e representantes das Universidades da rede CEER (A Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo) reuníronse onte en Santiago de Compostela para celebrar o seu padroado anual.

Entre os temas a tratar aprobáronse as contas e accións desenvolvidas durante 2017, así como a proposta de actividades para o presente ano.

As actividades aprobadas incidirán na cooperación cultural, científica e social entre as Universidades galegas e portuguesas, así como na busca de vínculos co tecido empresarial e a Administración e a procura de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos comúns.

Unha das prioridades do CEER será a captación de fondos INTERREG para poñer en valor diferentes propostas das Universidades en diferentes eidos vinculados a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (valorización de residuos, protección da biodiversidade, fomento do turismo cultural, valorización territorial conxunta, etc.).

O CEER está o servizo da comunidade universitaria para guialos na elaboración de proxectos europeos e procura de colaboracións, tanto no territorio eurorrexional como internacional.

Contacta co CEER en: santiagotec@fceer.org