Oficina CEER
 11-09-2018
XORNADA TRANSFORMAR O NOSO MUNDO. ESTRATEXIAS FEMINISTAS DESDE FILIPINAS

Xoves 27 de setembro na Facultade de CC da Educación. Actividade enmarcada na V Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social da Oficina de Cooperación e Voluntariado.

A Xornada, que terá lugar no salón de graos da Facultade de CC da Educación, constará de dúas partes: un obradoiro, de carácter práctico, permitirá reflexionar e vivenciar dinámicas que permitan tomar coinciencia do xeito no que os movementos feministas e as mulleres traballan contra as alianzas do patriarcado e do capital. Trataranse temas como a interseccionaliade e a necesidade de artellar movementos feministas conxuntos de Norte a Sur. O obradoiro realizarase de 16 a 18.30 horas.

Este obradoiro ten un carácter limitado de 30 prazas e realizarase unha preinscrición. Estará destinado á comunidade universitaria da UDC: persoal docente e investigador (PDI), persoal de administración e servizos (PAS), estudantado matriculado e demais persoas vinculadass á UDC. Tamén ao persoal técnico e o voluntariado de ONGD e persoal técnico e voluntario doutras entidades que traballen con mulleres en risco de exclusión social.

De 19 a 20 horas, haberá unha conferencia aberta ao público na que non só falará Daryl, senón que estarán algunhas das participantes do obradoiro, que compartirán co público o que se fixo e a importancia de afondar nos contidos da cooperación dende os feminismos.

Fonte: www.udc.es