Oficina CEER
 14-09-2018
ADHESIÓN DOS CENTROS TECNOLÓXICOS AO PROGRAMA IACOBUS

O Exmo. Reitor Don Manuel Reigosa en calidade de presidente do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), asiste a Cerimonia de Sinatura da Adenda de Adhesión dos Centros Tecnolóxicos ao Programa IACOBUS que se está a celebrar no día de hoxe na cidade de Porto.

O Programa “IACOBUS” ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal - Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación. Ao abrigo desta Adenda, os Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, tamén participarán na 6ª Convocatoria do IACOBUS onde o CEER coordina diferentes fases do proceso.

Esta iniciativa coordinada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (GNP-AECT) contará tamén coa presencia da Secretaria de estado Secretária de Estado da Ciência, Tecnologia e Ensino Superior do Governo de Portugal, a Profª. Doutora Maria Fernanda Rollo, e de representantes das Universidades, Institutos Politécnicos e de outras Institucións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.