Oficina CEER
 24-09-2018
A FACULTADE DE CIENCIAS DA UDC ACOLLE ESTE LUNS UNHA XORNADA DIVULGATIVA SOBRE BIOTECNOLOXÍA VEXETAL

O salón de actos da Facultade de Ciencias acollerá este luns, 24 de setembro, a III Xornada divulgativa sobre Biotecnoloxía Vexetal e a súa aplicación en estudos do medio, coordinadas pola profesora da área de Fisioloxía Vexetal María de los Ángeles Bernal Pita da Veiga.

Esta xornada ten como obxectivo, segundo explica a coordinadora, “amosar o papel que teñen as plantas no noso día a día e como as novas tecnoloxías en Biotecnoloxía Vexetal contribúen dunha maneira especial á evolución do coñecemento”. A profesora Bernal, organizadora das tres edicións destas xornadas, subliñou que este encontro vén a paliar a ausencia de eventos deste tipo en Galicia, no que participan investigadores e docentes universitarios e de centros científicos cunhas disertacións divulgativas dirixidas a todo tipo de público e non só ao académico. As xornadas están organizadas por profesorado dos departamentos de Bioloxía e Química, coa colaboración da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria.

Programa

11:15h. Plant wars: O espertar da forza. Dr. José Díaz Varela, Universidade da Coruña

12:30h. Futuro da agronomía mariña en Galicia. Dr. Javier Cremades Ugarte, UDC

16:30h. Respostas de citotoxicidade en microalgas á contaminación química da agua. Dra. Angeles Cid Blanco, UDC

17:15h. Desvelando as sombras de Grey na interacción con Botrytis. Dr. Javier Veloso, UDC

18:30h. Regulación do enraizamento adventicio en especies leñosas. Dra. Mª Concepción Sánchez Fernández, Científica Titular do CSIC

19:15h. Protección de cultivos agrícolas: control biolóxico da marchitez vascular do tomate. Dra. Mª inmaculada Larena Nistal, Científica Titular INIA

Fonte: www.udc.es