Oficina CEER
 05-12-2018
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA CUARTA XORNADA “MULLERES NA CIENCIA”

Ata as 12.00 horas do vindeiro 13 de decembro permanece aberto o prazo de inscrición da cuarta edición da xornada ‘Mulleres na ciencia’. Esta é unha iniciativa que organiza a Oficina de Igualdade de Xénero da USC coa Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal). De inscrición gratuíta, entregarase diploma acreditativo de asistencia.

A xornada, que se desenvolverá o 14 de decembro ás 16.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, consistirá nunha mesa redonda co lema ‘Como promovemos as vocacións STEM femininas?’. Moderada pola profesora da USC Encina Calvo, intervirán Luz Castro Pena, de Imaxin Software; Soledad Torres Guijarro, da Universidade de Vigo; Joana Magalhaes, do Instituto de Investigación Biomédica; e Susana Ladra González, da Universidade da Coruña.

Fonte: xornal.usc.es