Oficina CEER
 22-01-2019
O REITOR DA UDC, JULIO ABALDE, E A PRESIDENTA DO CONSEJO DE ESTADO, MARÍA TERESA FERNÁNDEZ DE LA VEGA, ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibiu o luns, 21 de xaneiro á presidenta do Consejo de Estado, María Teresa Fernández de la Vega, presidenta tamén da Fundación “Mujeres por África”, coa que asinará uns convenios de colaboración.

O reitor recibiu á Fernández de la Vega ás 9:15 horas no seu despacho onde a presidenta do Consejo de Estado asinou no Libro de Ouro da Universidade da Coruña, ante a presenza dos medios gráficos que queiran asistir.

Ás 10:30h. na Sala de Xuntas da Reitoría, Abalde e Fernández de la Vega asinaron os convenios de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Fundación “Mujeres por África”, nunha convocatoria aberta aos medios de comunicación.

A visita da presidenta do Consejo de Estado finalizou no salón de graos da Facultade de Dereito, no que ás 11:30 horas impartiu a conferencia, de acceso libre, “Os dereitos fundamentais na España do século XXI: están en risco os nosos dereitos?”. A presentación da conferencia correu a cargo do catedrático de Universidade da área de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña, Francisco Caamaño Domínguez, ministro de Xustiza entre os anos 2009 e 2011.

Fonte: www.udc.es