Oficina CEER
 05-02-2019
ENT. MANUEL RODRÍGUEZ, CENTRO DE ESTUDOS REXIONAIS GALICIA- NORTE DE PORTUGAL - XORNADAS DE TURISMO TRANSFRONTEIRIZO

O día 31 de xaneiro tiveron lugar no Castelo de Vila Nova de Cerveira as Xornadas de Turismo no contexto transfronteirizo Cerveira – Tomiño.

No acto, que comezou as 9 da mañá, déronse cita diferentes axentes relacionados co turismo que deron a coñecer as súas propostas para unha oferta común entre o territorio da Eurocidade. Houbo dúas mesas de traballo ó longo da mañá, unha sobre natureza, cultura e paisaxe e outra sobre a demanda e oferta turística.

Alí estiveron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o presidente da cámara de Vilanova, Fernando Nogueira e o director da AECT Rio Miño, Uxío Benítez.

Un dos encargados da organización destas xornadas, Manuel Rodríguez, da fundación centro de estudos rexionais Galicia norte de Portugal, daba conta da importancia deste evento.

Fonte: https://www.ivoox.com/ent-manuel-rodriguez-centro-estudos-rexionais-galicia-audios-mp3_rf_32039841_1.html