Oficina CEER
 13-03-2019
CONVENIO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E EXPERTOS DE SEGURIDADE DE GALICIA

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Asociación de Empresarios e Expertos de Seguridade de Galicia, Roberto Lage Regal, asinaron esta mañá na Reitoría un acordo marco de colaboración.

O obxectivo deste convenio é regular a colaboración entre ambas as dúas entidades para fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, da investigación e da cultura en xeral dentro dos ámbitos de interese. Entre outras desenvolveranse as seguintes actividades:

Fomento da participación en proxectos e programas de innovación e mais de desenvolvemento bilaterais ou multilaterais.
Cooperación en programas de formación.
Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade das dúas entidades.
Organización e realización de todo tipo de actividades académicas, como cursos, conferencias, simposios, seminarios ou aulas.
Apoio a investigadores e estudantes.
Intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos culturais de interese común.
Prácticas de estudantes dos últimos cursos.
A promoción e fomento da formación en xeral e especializada do persoal de seguridade e de protección contra lumes en todas as súas competencias.
A redacción e difusión de publicación, estudos, informes e programas técnicos referentes a temas de seguridade.

No prazo dun mes, constituirase unha comisión mixta, integrada polo Presidente de AESGA e polo profesor Ricardo García Mira en representación da UDC, que concretará todas as accións a emprender.

Fonte: www.udc.es